A transferencia e recoñecemento de créditos faráse conforme ao previsto no artigo 6 do RD 1393/2007 (Modificado polo art. único.2 do Real Decreto 861/2010, de 2 de xullo), según o cal “las universidades elaborarán y harán pública su normativa sobre el sistema de reconocimiento y transferencia de créditos, con sujeción a los criterios generales que sobre el particular se establecen en este Real Decreto”.
Según o indicado na Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos da UVigo, a Comisión Académica do Máster será o órgano encargado de valorar, a petición da persoa interesada, o recoñecemento de créditos cursados noutros plans de estudo, tendo en conta a adecuación entre as competencias e os coñecementos asociados ás materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos que se propón, ou ben que teñan carácter transversal. De acordo coa citada normativa, todos os créditos obtidos polo estudante cursando este máster, así como os transferidos, serán incluidos no seu expediente académico e reflexados no Suplemento Europeo ao Título.
Datas para a solicitude de Recoñecemento de Créditos 2425
O procedemento iniciarase por petición do/da interesado/interesada que presentará a solicitude dende o 2 de setembro ata o 4 de outubro de 2024, ou do 1 ao 28 de febreiro de 2025, preferentemente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo ou polos medios dispostos no apartado “Solicitudes e Trámites en Materia de Xestión Académica desta convocatoria”, dirixida á comisión académica do máster, unha vez teña formalizada a matrícula correspondente