Como requisito indispensable para a obtención do título de Máster en industria 4.0, o estudantado deberá realizar un Traballo Fin de Máster no que poidan amosar as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación.
A realización e superación do Traballo de Fin de Máster posúe un recoñecemento académico de 6 créditos ECTS.
Normativa
Asignación do TFM
Para a asignación do Traballo Fin de Máster ofrécense as seguintes modalidades:
- Desenvolvemento do TFM en empresas
Cada ano procúranse empresas que ofrezan prácticas curriculares para o estudantado do máster. Como resultado da práctica, e ao longo dela, o alumnado poderá desenvolver un TFM que reflicta as actividades realizadas en temas relacionados coa industria 4.0. Neste caso, o estudantado poderá ter unha tutela da empresa e unha académica. No proceso de creación do mestrado realizáronse contactos con empresas e institucións para constituir o Consello Asesor do máster e ao que se propuxeron como compoñentes empresas como: PSA Groupe, Grupo Televés, Grupo Coren, Grupo Cortizo, Finsa, Marine Instruments, Inova Labs, Kaleido Logistics, Instra; e entidades como: Gain, Atiga, Amtega, Xera, Anfaco, Gradiant, entre outras. Asemade mantéñense os contactos con empresas nas que o título precedente tivera estreita colaboración para o desenvolvemento de TFMs en periodos de prácticas, como Koala Internacional, Izmar, Precisgal, Dinak, Mecadoba, Antobal, Gamesal, UtilVigo, Larpro, Asientos de Galicia, Grupo Acebron, etc. Cada estudante pode solicitar á CAM do mestrado, cumprindo cos requisitos do regulamento, o tema de Traballo que máis lle interese. - TFMs ofertados polo profesorado do máster
O profesorado do máster, a través da coordinación, oferta cada curso unha serie de temas para a realización do TFM. O estudantado pode solicitar o traballo que lle interese á coordinación do máster.
Oferta de TFM - TFMs propostos polo estudantado
O estudantado poderá propoñer á coordinación un tema de realización do Traballo Fin de Máster sobre a materia do seu interese. Para iso deberán buscar un profesor/a do máster que faga os labores de titor/a e que autorice dita proposta
En calquera das modalidades, o estudantado debe entregar á coordinación a Ficha de Solicitude de Título, Titor e Tema (TTT), debidamente cumprimentada, onde se especifica o título do traballo e o nome do titor/a, así como un breve resumo do obxecto do traballo proposto. Polo menos un dos cotitores do TFM deberá ser un profesor/a que imparta docencia no máster.
A CAM será a encargada da asignación definitiva dos TFM ao estudantado. No caso de que varios estudantes opten ao mesmo TFM terase en conta o expediente académico para realizar a asignación.
En cada curso existen dous oportunidades para a presentación do TFM, unha en xullo e outra en setembro, que están especificadas no calendario do máster. Cada unha leva asociada uns prazos de solicitude de título/titor/tema, defensa, depósito e finalmente unha data de lectura ou presentación do TFM.
No prazo establecido en cada curso académico, o estudantado debe presentar á CAM do máster o formulario de Solicitude de título/titor/tema. Após a correspondente aprobación pola CAM, poderá solictar a Lectura co visto e prace do titor e, antes da Lectura, facer entrega da documentación requirida da memoria e resumo do TFM no soporte axeitado indicado na normativa ou indicacións dadas cada curso pola CAM en función da situación e evolución da emerxencia sanitaria debida á pandemia.
A defensa do TFM terá lugar ante un tribunal formado, polo menos, por tres docentes do mestrado e nomeados pola CAM. O tribunal valorará o grao de dificultade do proxecto, o traballo realizado polo estudante, así como a calidade da memoria e da presentación.
Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE de 18 de setembro).
Calendario de TFM_2324
Convocatoria | Solicitude de TTT | Solicitude de Lectura | Depósito | Defensa |
---|---|---|---|---|
Xullo | ata o 24/04/24 | 07-21/06/24 | 24-26/06/24 | 01-04/07/24 |
Setembro | 01-10/06/24 | 22-31/07/24 | 01-05/09/24 | 09-12/09/22 |
Solicitude de convocatorias adiantadas
Calendario convocatorias adiantadas curso 2425
Trámite | Datas límite |
Prazo de solicitudes | 31 de outubro de 2024 |
Traslado á CAIMI | 8 de novembro de 2024 |
Listaxes provisionais | 15 de novembro de 2024 |
Reclamacións | 29 de movembro de 2024 |
Listaxes definitivas | 13 de decembro de 2024 |
Prazo de entrega de actas | Ata 14 de febreiro de 2025 |