Debido ao carácter profesionalizante deste máster, o seu plan de estudos inclúe unha materia denominada Prácticas externas de 6 créditos ECTS
Tendo en conta a modalidade e o carácter do mestrado, decidiuse enfocar as prácticas externas como unha materia obligatoria, para que desta forma sexa cursada por todos os estudantes para un aproveitamento que engada o valor estratéxico que se obtén coa realización destas prácticas.
A realización das prácticas curriculares nunca suporá incompatibilidade coa docencia e manterá a axeitada conciliación, programando as clases para os últimos días da semana, quedando o resto para o cumprimento das obrigas de horas prácticas.
Son máis de 30 as empresas nas que o estudantado do máster precedente realizou prácticas curriculares. Todos os anos, a coordinación do máster persegue activamente a incorporación de novas empresas. Para iso apoiase na:
- Área de Emprego da Universidade de Vigo, para as práctica curriculares
- Fundación Universidade de Vigo, para as extracurriculares
Normativa
Para o desenvolvemento da materia de Prácticas externas do máster, será de aplicación a normativa xeral da Universidade de Vigo, concretamente no seu apartado de prácticas curriculares.
Ligazóns de interese:
- Normativa de prácticas externas da Universidade de Vigo, onde se inclúe o procedemento para a formalización dos convenios.
- Regulamento de prácticas en empresa da EEI
- Documentación para a formalización das prácticas (Convenios, formalización das prácticas, seguimento e acreditación
- Protocolo interno de asignación, seguimiento y evaluación de prácticas externas
Procedemento de asignación das prácticas
Cada curso académico, o máster fará pública unha relación de empresas para a realización das prácticas curriculares, na que figura o nome da empresa e o titor/a académico/a proposto/a.
As prácticas externas terán unha duración de 150 horas, equivalentes aos 6 créditos. Poderán ampliarse por un período máximo de 165 horas de prácticas extracurriculares.
Nos casos nos que un estudante, de acordo coa empresa, desexe propoñer a realización de prácticas externas na mesma e esta non figure na relación ofertada (pero sí asinase un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo) deberá notificalo á coordinación do máster. Se os coordinadores de prácticas consideran que a empresa se axusta ao perfil de contidos do máster, aceptarase a proposta e o estudante poderá realizar as prácticas na devandita empresa.
A selección das persoas candidatas será realizada polo responsable da materia nomeado pola CAM, en colaboración coas empresas, atendendo ao curriculum vitae e/ou expediente académico.
Cada estudante terá asignado un/ha titor/a na empresa que lle guiará, apoiará e orientará no desenvolvemento das prácticas, e un titor/a académico/a (normalmente o coordinador de prácticas no mestrado) que velará pola adecuada realización das prácticas.
A avaliación das prácticas realizarase a partir do informe de valoración do titor/a da empresa, do titor/a académico/a e do propio estudante.
As prácticas poden recoñecerse acreditando unha formación ou actividade equivalente en contido e créditos.