No título e no centro
Xornada de acollida
O máster realiza unha xornada, previa ao comezo das clases, de acollida e orientación ao novo estudantado, na que se pretende dar unha visión xeral do funcionamento e os contidos do título e onde se informa sobre os servizos da Universidade de Vigo.
Plan de Acción Titorial
O Plan de acción titorial (PAT) da EEI configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria para as titulacións de grao e máster do centro. Préstaselle unha especial atención ao estudantado de novo ingreso, de cara a favorecer a súa integración na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas, e ao que está rematando os seus estudos.
Na Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo conta cos seguintes sistemas de apoio e orientación do estudantado unha vez matriculado:
- 1. Necesidades específicas de apoio educativo (
UNATEN
) - 2. Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE)
- 3. Sección de información ao estudante (SIE)
- 4. Fundación Universidade de Vigo (FUVI)
- 5. Área de Emprego (AE)
- 6. Oficina de Relacións Internacionais (ORI)
- 7. Unidade de Igualdade