Matrícula Posgrao UVigo, prezos

PLAZAS
15 (UVigo) / 15 (ULeón): 30 plazas

Negociado de posgrao
David Monroy Soage
eei.master@uvigo.es
+34 986 818 627

Información administrativa

Prezo do crédito para másteres oficiais.

Primeira matrículaSegunda e sucesivas matrículas
prezo/crédito13,93 €38,54 €
Resolución Reitoral pola que se aproban as Normas Económicas derivadas da Xestión Académica de titulacións oficiais no curso académico 2023/2024

curso 24/25

Enlace á convocatoria de matrícula en estudos de prosgrao curso 24/25

Matricúlate no máster

Enlace ao calendario para inscrición/matrícula 2425

Convocatorias adiantadas

Establécese un procedemento e un calendario para solicitar adianto
excepcional de convocatoria para alumnado que desexa rematar estudos de
xeito anticipado para másteres que rematan estudos no segundo cuadrimestre (60 e 120 ECTS). Este procedemento non atinxe a estudantes que teñan pendente soamente o TFM, que estarán ao disposto no calendario dos seus respectivos centros.
Cada máster* preverá unha convocatoria para a lectura do TFM ao remate do proceso de avaliación das outras materias pendentes, co fin de garantir que o adianto de convocatoria sexa efectivo.

* No caso do mestrado en industria 4.0 seguirase o procedemento con datas e trámites publicados cada curso académico na plataforma moovi

1.1 Requisitos.
Que teña pendentes ata un máximo de 12 ECTS e para un máximo de 2
materias, asignadas no plan de estudos ao 2º cuadrimestre, excluíndo o TFM. No caso de que tamén lle quede algunha/s asignatura/s pendente/s do 1º cuadrimestre o máximo elevarase a 18 ECTS e tres materias, computando as do 1º cuadrimestre, pero excluíndo o TFM.
A superación do conxunto das materias para as que se solicita adianto de
exame mais o TFM implicará o remate dos estudos precisos para titularse.
1.2 Procedemento:
1.2.1 Solicitudes
Presentaranse na área de posgrao na que se xestione o expediente do
alumnado. Desde aquí daráselle traslado á Comisión Académica do Máster,
que valorará a posibilidade do adianto de convocatoria.
1.2.2 Listas provisionais e reclamacións.
A CAM publicará un listado provisional de materias susceptibles de adiantar e o alumnado autorizado a presentarse a cada unha delas, así como as materias e estudantes non autorizados, motivando as causas da denegación. O alumnado afectado poderá reclamar este acordo.
1.2.3 Listaxes definitivas e datas de avaliación.
A Comisión Académica publicará as listaxes definitivas, nos mesmos termos que as provisionais, indicando ademais as datas previstas para exame*. De dito acordo achegara copia electrónica á correspondente Área Académica de Posgrao para xestionar a implementación das actas correspondentes.

*Publicaranse no taboleiro da materia TFM na plataforma moovi


Calendario: Trámite / Datas límite
Prazo de solicitudes / 31 de outubro de 2024
Traslado á CAM / 8 de novembro de 2024
Listaxes provisionais / 15 de novembro de 2024
Reclamacións / 29 de novembro de 2024
Listaxes definitivas / 13 de decembro de 2024
Prazo de entrega de actas / Ata o 14 de febreiro de 2025

curso 2021/22

Anuncio de/ conxelación de prezos para o curso 2021/22: Galicia continuará sendo a CCAA cos prezos de matrícula universitaria máis baixos e cumpre xa cos novos requerimentos | Consellería de Cultura, Educación e Universidade (xunta.gal)

Información da Xunta sobre prezos públicos de estudos universitarios para o curso 2021/22

curso 2020/21

DECRETO 102/2020, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2020/21.. Táboa de prezos.