Categorías
Sistemas de apoio e orientación

Unidades de Igualdade

A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.

A Unidade de Igualdade dispón dos seguintes recursos:

Visita a páxina web da Unidade de Igualdade

Categorías
Sistemas de apoio e orientación

ORI

Leva a cabo, entre outras, as seguintes actividades:

  • Información e asesoramento á comunidade universitaria sobre os diferentes programas internacionais no ámbito da educación superior
  • Fomento e xestión da mobilidade de estudantado e profesorado propio e estranxeiro, en especial no marco dos programas Sócrates, ISEP, bolsas MAE e programas de cooperación da Universidade de Vigo.
  • Con respecto ao estudantado da Universidade de Vigo proporciona: asesoramento ás persoas seleccionadas con estes programas sobre a documentación que deben presentar, información sobre a contía das bolsas e posibles axudas complementarias, así como sobre as xestións que teñen que realizar coas universidades de destino
  • Con respecto ao profesorado da Universidade de Vigo, a ORI facilita información sobre os programas de intercambio de docencia e programas de cooperación internacional
  • Con respecto ao estudantado estranxeiro, xestiona a aceptación do que participa nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudantado estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos en colaboración cos responsables de relacións internacionais
  • Elaboración e negociación de acordos de cooperación internacional
  • Asegura a presenza da Universidade de Vigo en foros e encontros de educación internacionais

Visita a páxina web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI)

Categorías
Sistemas de apoio e orientación

Area emprego

As principais áreas de actuación son:

  • Xestión de prácticas preprofesionais en empresas e institucións públicas e privadas
  • Xestión de ofertas de emprego
  • Asesoramento personalizado para a elaboración do itinerario profesional axustado a cada perfil
  • Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego
  • Accións en grupo para a busca activa de emprego
  • Información e asesoramento a empresas e institucións na busca do perfil universitario axustado para cubrir prácticas/postos de traballo
  • Deseño e implementación de estudos sobre diversos temas que afecten ao mercado laboral e á inserción laboral do estudantado

Visita a páxina web da Área de Emprego

Categorías
Sistemas de apoio e orientación

FUVI

Atópase dotada de persoal técnico que traballa para:

  • Proporcionar un servizo integral de información, asesoramento e formación no ámbito da orientación profesional para o emprego
  • Fomentar as oportunidades de achegamento á práctica e ao exercicio profesional do estudantado
  • As principais áreas de actuación son:
    • Xestión de prácticas en empresas e institucións públicas e privadas
    • Xestión de ofertas de emprego
    • Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego
    • Formación para o emprego

Visita a páxina web da Fundación Universidade de Vigo

Categorías
Sistemas de apoio e orientación

SIE

Os obxectivos deste servizo son:

  • Informar e orientar ao futuro estudantado universitario sobre:
    • O acceso á universidade, notas de corte, vinculacións dos estudos medios cos universitarios, pasarelas, etc…
    • A oferta educativa da Universidade de Vigo e outras universidades nacionais
  • Informar tanto ao actual estudantado universitario, como ao que xa rematou a súa carreira sobre:
    • Todo o que a Universidade de Vigo ofrece durante a súa permanencia na mesma
    • As posibilidades de formación unha vez rematada a carreira (masteres e cursos de especialización, outros cursos, xornadas, premios, congresos…) e tamén bolsas ou axudas convocadas por institucións externas á Universidade de Vigo

Visita a páxina web do SIE

Categorías
Sistemas de apoio e orientación

PIUNE

O Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE) foi deseñado para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.

Visita a páxina web do PIUNE

Categorías
Sistemas de apoio e orientación

Unatem

A Unidade de Atención ao Estudantado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (Unaten) é unha unidade que se adica á organización, xestión e control dos recursos, da información e das actividades de asistencia ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo.

Preténdese cumprir os seguintes obxectivos:

  • Asesorar e informar dos recursos dos que dispón a Universidade de Vigo en materia de atención á diversidade e da forma de acceder a eles
  • Elaborar e manter actualizado o censo de estudantado con necesidades educativas de apoio educativo
  • Informar e asesorar ao profesorado e ao persoal dos servizos implicados con este colectivo
  • Propoñer acordos de colaboración con outras institucións que faciliten o desenvolvemento de actuacións conxuntas de atención a este colectivo
  • Sensibilizar á comunidade universitaria sobre a situación deste colectivo e garantir o seu acceso á información e á comunicación dentro da Universidade de Vigo

Visita a páxina web da UNATEN

Categorías
información

Información

Decreto de Precios Públicos de la Xunta de Galicia

Enlace al Decreto

Guías Docentes

Enlace a las Guías Docentes de la UVigo