Categorías
Sistemas de apoio e orientación

Unatem

A Unidade de Atención ao Estudantado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (Unaten) é unha unidade que se adica á organización, xestión e control dos recursos, da información e das actividades de asistencia ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo.

Preténdese cumprir os seguintes obxectivos:

  • Asesorar e informar dos recursos dos que dispón a Universidade de Vigo en materia de atención á diversidade e da forma de acceder a eles
  • Elaborar e manter actualizado o censo de estudantado con necesidades educativas de apoio educativo
  • Informar e asesorar ao profesorado e ao persoal dos servizos implicados con este colectivo
  • Propoñer acordos de colaboración con outras institucións que faciliten o desenvolvemento de actuacións conxuntas de atención a este colectivo
  • Sensibilizar á comunidade universitaria sobre a situación deste colectivo e garantir o seu acceso á información e á comunicación dentro da Universidade de Vigo

Visita a páxina web da UNATEN